cine de animación internacional

Festival internacional de cinema de animación

SANDWICH CAT

Sección oficial (opta a premio del público y CREA)

David Fidalgo 
10′  Galego – España – 2D

Sinopse:

Un día calquera. David está tirado no sofá vendo a súa serie favorita: unha fantasía cristiá, mentres Sandwich Cat fai das súas. David vai ao baño… e comezan a ocorrer cousas estrañas, tremores e apagamentos. Ao saír do baño, unha intensa luz cóbreo todo e David cae ao chan desmayado. Esperta cos lamidos de Sandwich Cat. Levántase e senta no sofá, aínda un pouco aparvado, mentres escoita unha voz estraña. Dáse conta de que é o gato quen lle fala. Entre a incredulidade e estupefacción de David, Sandwich Cat explícase: É un extraterrestre que intercambiou a mente coa do seu gato. Pasará un día con David e, segundo o que observe e escoite, decidirá se destrúe ou non a especie humana. David, como non podía ser doutra maneira, o flipa.

Biofilmografía:

David Fidalgo é licenciado en Belas Artes pola Escola de Belas Artes de Pontevedra, onde realizou un Máster en Álbums Ilustrados e Animación. A súa obra artística, centrada na arte da animación plástica e audiovisual, aborda a condición humana a través da ironía e o humor, incluíndo elementos da cultura popular como os memes ou a linguaxe das redes sociais. Participou en exposicións en museos, feiras e centros de arte con JustMad e CGAC – Centro Gallego de Arte Contemporánea, así como en numerosos festivais de cinema de todo o mundo en países como México, Brasil, Arxentina , Colombia, Italia, Alemaña, Polonia, Rumania, Francia e España. A súa produción audiovisual inclúe CARTAS A SUPERMAN (2016), HOMOMAQUIA (2019) e REALITY (2020). Por estes traballos recibiu varios premios, entre eles seleccións en Palm Spring, WEIRD e Sitges, así como o Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, o Premio do Público no Festival de Cinema de Málaga e un nomeamento ao Premio 2020 Premios Goya.

Comparte:

festival Internacional de cortometrajes de animación

ANIMACCIÓN é un festival internacional de cine, único en Galicia, e un dous poucos en España, centrado en exclusiva á técnica da animación cinematográfica, con proxeccións e actividades relacionadas co sector.

© 2022 – ANIMACCIÓN. Todos los derechos reservados. Diseño FactoryToy