Edicións anteriores

presentación

Animacción é un festival de curtametraxes de animación, no que se amosa o potencial artístico de toda unna nova xeración de animadores. Abrazado pola asociación cultural adicada á animación “Ánimas Anónimas”, o festival volta este ano na súa 6ª Edición.

A convocatoria xurde das nosas ganas de aumentar a oferta cultural da cidade de A Coruña e a súa comarca, ofreciendo unha mostra dunha disciplina artística cun gran potencial creativo, coñecida mundialmente, pero pouco difundida e apoiada a nivel local.

O festival conta xa con cinco edicións as súas costas, crecendo cada ano un pouco máis en ambicións, tanto en ampliar a oferta cultural que rodea ás xornadas de proxección, como en facelo cada vez un pouco máis relevante dentro do sector da animación.

Iª edición do festival 2017

A primeira edición naceu en 2017, sen máis pretensión que ser unha proxección expositiva do talento e as posibilidades artísticas que ofrecía o cinema de animación, e poder compartila coa poboación coruñesa. Para esta proxección contactamos con artistas locais e tamén con artistas nacionais,
que tiñan algunha obra que mostrar, que nos cederon amablemente o permiso para realizar a proxección das súas curtas. A mostra durou un total de 60 minutos, e tratamos de realizar unha selección diversa de estilos de
animación, dando importancia á mensaxe e á plasticidade dos mesmos.

Ao final da mesma, compartimos un debate cos artistas locais da mostra, que nos falaron das súas obras e contestaron as preguntas que xurdían, inevitablemente da audiencia.

2ª edición do festival 2018

Dado o éxito de acollida da mostra de curtametraxes da edición do 2017 por parte do público, decidímonos a organizar un festival esta vez xa cun premio en metálico e dobrando o número de sesións, dado que na anterior edición non puidemos dar cabida a todo o aforo que estaba interesado.

O festival desenvolveuse na contorna do Fórum Metropolitano, un centro cívico que conta con dúas salas de cinema e tamén sala de exposicións. Aproveitamos esta ocasión para incluír na programación unha expo de ilustración, en colaboración con Miñoco, un colectivo coruñés de ilustradores. A idea era ofrecer unha oportunidade máis para mostrar o talento dos creadores locais, e dar valor ao bo traballo que realizan outros colectivos culturais da cidade, como Miñoco, e así ofrecer alternativas de lecer aos asistentes do festival.

Decidimos tamén involucrar máis ao público, facéndolles enteiramente
donos da votación da curta gañadora, sendo elixido
vencedor “Decorado” do creador coruñés Alberto Vázquez.

3ª edición do festival 2019

Coa idea en mente de que o festival creza aos poucos cada ano e consolídese como data na axenda cultural local, propuxémonos dous retos máis: 

  • Aumentar tanto o número de proxeccións, como de localizacións.
  • Propoñer máis alternativas culturais relacionadas coa
    temática do festival ao longo da programación.

Con estas metas en mente propuxemos unha programación de 3 días, en dúas cidades: A Coruña e Carballo, con proxeccións repartidas en 5 sedes diferentes na contorna de Coruña: A escola de arte e deseño Pablo Picasso, A Escola de Imaxe e Son, a facultade de comunicación, o fórum metropolitano e o CGAI. Para enriquecer a oferta cultural satélite que acompañase ao festival esta edición, programamos unha das xuntanzas mensuais de Ánimas Anónimas, dentro da xornada matinal do sábado, contando coa colaboración do guionista da longametraxe “Buñuel no labirinto das tartarugas” Eligio Rodríguez, que nos ofrecería unha charla sobre a súa función na creación da película. Tamén contamos cun interesante encontro con Zafre, director do departamento de Ink & painting da película “ Klaus”, nomeada ao oscar á mellor película de animación, patrocinada pola asociación de creadores CREA.

4ª edición do festival 2020

Sabiamos que ía ser unha edición difícil, pero non por iso desistimos en implementar melloras para facer crecer o festival, así é como o enfocamos nesta edición:
  • Incrementamos os premios, tanto en número como en dotación dos mesmos:
    • PREMIO DO XURADO de CREA (composto por profesionais do sector), dotado de 300 €
    • PREMIO DO PÚBLICO (o xa habitual, entregado polo público asistente) dotado de 300 €
    • PREMIO INFANTIL
    • PREMIO DE “O blogue do cinema español”, consistente nun trofeo e unha reseña no mesmo, a modo de publicidade.
  • Aumento do número de proxeccións, mantendo a maior parte das sedes de edicións pasadas e mediante pases en liña, dadas as restricións.
  • Estreamos a “Categoría Infantil”, para a que fixemos unha selección especial e pases en 14 colexios, na que participaron máis de 600 nenos de primaria.
  • Realización de sketches divulgativos promocionais do festival, e unha actividade grupal colaborativa de animación, que se converteu na intro das proxeccións.

5ª edición do festival 2021

Expo Olladas da animación Coruñesa e entrega premios cartaces infantís

talleres Casa Pablo Picasso

festival Internacional de cortometrajes de animación

ANIMACCIÓN é un festival internacional de cine, único en Galicia, e un dous poucos en España, centrado en exclusiva á técnica da animación cinematográfica, con proxeccións e actividades relacionadas co sector.

© 2022 – ANIMACCIÓN. Todos los derechos reservados. Diseño FactoryToy