Juan Pablo Zaramella
10′ Sen diálogos – Arxentina – Stopmotion
Sinopse:
Unha viaxe pola conflitiva relación entre un home, a súa contorna social e os seus códigos.
Biofilmografía:
Nacido en Buenos Aires, Arxentina, graduouse no Instituto de Cinema de Avellaneda como Director de Cinema de Animación. A súa carreira profesional comezou compaxinando o seu traballo como ilustrador coa realización das súas propias curtas independentes, que foron recoñecidas en todo o mundo. En cada produción, Zaramella explora diferentes técnicas e estéticas, pero sempre dentro dun estilo narrativo baseado no absurdo. O seu traballo máis coñecido é Luminaris, unha curtametraxe de pixilación que recibiu 328 premios, converténdose no Guinness World Record á curta máis premiada en 2018. En 2016 creou e dirixiu a serie O home máis pequeno do mundo, unha coprodución de 53 episodios entre Francia e Arxentina. Actualmente está a desenvolver a súa primeira longametraxe en stop motion con marionetas, cuxo título provisional é “CODA”.